jueves, noviembre 02, 2006

Cando o deserto se converte no teu fogar...


Non fai moito fun ver a nova montaxe do Centro Dramático Galego, O regreso ao deserto. Unha obra na que se constata o deterioro das relacións Norte-Sur, así como os profundos cambios sociais derivados da inmigración, a través do conflito que o autor sitúa nun contorno pechado –unha familia dunha vila francesa de provincias nos primeiros anos sesenta–, no que se deixa notar a presenza inquietante e difusa da guerra de Alxeria.
Para min é unha das mellores obras de teatro do CDG: moi boa a dirección, interpretación impecable dos actores, selección musical perfecta, escenografía brillante...
Aínda que eu me quedo cunha das frases da protagonista: "e cal é a miña patria? onde está a miña casa? onde está a terra en que poderei descansar? en Alxeria son estranxeira e soño con Francia, e en Francia son aínda máis estranxeira e soño con Alxeria. Será que a patria é o lugar onde non estamos?" Eu sustituiría a Alxeria por Escocia e a Francia por Galicia... e ¡que gran verdade!
Ps. Encántame ir ao teatro cos "meus nenos"... será que tes razón cando me chamas Mery Pan. Sigo sendo unha inmadura integral sen remedio.

Etiquetas:

2 Comments:

Blogger Luis E. Froiz said...

Jajaja así que 'os teus nenos' XD ¿e se de paso aforramos no custo da entrada (por outra banda excesivo para o que se ofrece na obra, ainda que non me quero poñer a discutir, que para eso eles son os que xa teñen subvencion e ainda así cobran a 10 € persoae despois choran porque non se vai) mellor non?

viernes, noviembre 03, 2006 9:32:00 p. m.  
Blogger Anxo said...

a Piloño: esa obra de teatro tiña algo que ver con "O estranxeiro" de Camús? (un dos poucos libros que lin na miña vida porque son retrasado).

a Légolas: Y tú por aquí?

lunes, noviembre 06, 2006 1:43:00 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home