lunes, octubre 23, 2006


¡Courel dos altos cumes que ollan de lonxe!
Fai un par de semanas estiven na terra do meu admirado Novoneyra: no Courel cos seus altos cumes, aire puro, o fungar do vento e unha casa labrega ao lonxe...

...e en Monforte de Lemos.
LETANIA DE GALICIA
(de Uxío Novoneyra, agardando que o seu espiritu nos acompañe)
GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hast'os que calan din GALICIA
e saben sabemos
GALICIA da door chora á forza

GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza.
Ceibe pra servir

ceibe pra non ser
ceibe pra morrer
ceibe pra fuxir.
GALICIA labrega

GALICIA mariñeira
GALICIA obreira
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda
recóllote da terra estás mui fonda

recóllote do povo estás mil toda
recóllote da istoria estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro

no verbo verdadeiro que fala o povo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou'a mallad'argola
pros que saben que ti podes seroutra cousa
pros que saben que o home pode
ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousa

sabemos que o home pode ser outra cousa.
Ps. Grazas polas explicacións Sr. guía nativo e bo proveito coas castañas!. Os delirios febris é o que teñen, a recuperación das voces dos POETAS INCONFORMISTA E LOITADORES.

Etiquetas:

2 Comments:

Blogger Anxo said...

hai unha curta, "O tempo dos bullós", que seica mestura versos de novoneyra con algo de poesía taoísta e paisaxes nevadas do caurel, ou algo así. É do ano pasado, creo.

miércoles, noviembre 01, 2006 11:41:00 p. m.  
Blogger Anxo said...

filosofía taoísta, non poesía.
xD

lunes, noviembre 06, 2006 1:41:00 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home