sábado, junio 17, 2006


Palabras únicas que falan de emocións únicas

Está vez os de Turgalicia acertaron na diana do corazón... Este anuncio non ten nada que ver con aqueles tópicos de "Galicia paisaxe, Galicia historia, Galicia cultura" porque este spot fala de "Galicia sentimento" resume en menos dun minuto a maneira especial dun pobo.

Para min:
Lusco e fusco son as postas de sol na Costa da Morte.
As badaladas son as da Berenguela.

Ribeira é a ribeira do ulla ao seu paso polas Illas de Gres.
Morriña é espertarte no medio da noite cando estás a 3000 kms da casa no chan porque caiches dunha cama de 90 e estabas soñando que estabas durmindo na túa propia cama.
Carballeira é a de Catasós en Lalín ou as Trives en Ourense.


Pero nese anuncio tamén faltan:

  • Volvoreta, Anduriña e Vagalume (unha metamorfose que fun sufrindo eu na miña propia pel porque os galegos somos tan especiais que os colexios dos nosos internados teñen nomes de animais máxicos).
  • Croucha: os que me coñecedes xa sabedes por quen o digo.
  • Brétema: eses días de inverno, de lúa chea... nas que se len os contos de Ánxel Fole (o noso Poe galego).
  • Bágoas: cando se escapan dos teus ollos e ti non as queres deixar sair...
  • Ledicia e agarimo: cando estamos todos xuntos...
  • Troula: as noites de esmorga en Santiago, A Estrada, Lalín, Sta. Comba... dá igual o sitio!
  • Fogar: para nós é o Fogar de Santiso.
  • Rula: para os demais é unha pomba, para min é moi especial pq my sister chámame ruliña.
  • Toxiño: é o que son eu.
  • aínda que a máis importante é AMIZADE!
¡¡Galicia é única!!

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Nena cada vez que vexo ese anuncio sinto moitas, moitas ganas de estar cos meus.A primeira vez que o vin quedei sin palabras,so recordaba as que ali se pronuncian sobre todo morriña que preguntan se a sintes?, pois a miña resposta é si, e moita.Faleino coas miñas compañeiras da uni e comenteilles que é a mellor maneira de definirnos, ante todo tenros porque eso é o que transmite a canción; unha tenrura que só nos posuímos,ese cariño, esa amizade ese sentir por todo o que somos e que temos.Tes razón en canto a que faltan palabras que nos identifican sobre todo a nós como por exemplo troula, que nos gusta moito pero en tan pouco tempo non daba pa mais e fixérono moi ben.Nos sabemos que hai mais cousas e que moita xente se perde por non coñecelas.Añoro todo iso, pódesme crer e estou soñando cada noite con que chegue o dia de poñer os pes es Santigo para pasar ahi o verán, que será inesquecible;aproveitar cada segundo estando con vós.Pronto chegará asi que vaite preparando para recorrer esas noites locas pola nosa terra querida.Un bico enorme e pensa en min cando vexas o anuncio porque eu estarei pensando en todo o que teño ahi e que tanto añoro.

sábado, junio 17, 2006 1:49:00 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Hola, nena. Esta e a miña primeria incursión no mundo do comentario escrito, e fai motisiiiiisimo tempo que non escribo en galego. Espero non defraudarte (nin ter moitas faltas de ortografía).
A min tamen me gustou moito o anuncio. Estou moi orgullosa de ser galega porque non hai mellor xente que os galegos. Estamos por todo o mundo e nunca nos olvidamos da nosa terra, nin da nosa xente. O que mais sentin na miña pel, foi morriña, moita morriña cando estiven fora da casa unha tempada. Pero eu alí onde fun, presentei a queimada co seu conxuro, o polbo a galega, e a carallada no mais amplo sentido da palabra.
Pregonei os catro ventos que son galega, e que a miña terra e mais fermosa do mundo mundial. Ensinei biquiños, apertas, cóxegas, e algún que outro carallo tamen.
Ese anuncio é claro e conciso, resume moi ben a nosa esencia, ainda que somos moitas palabras mais, e cada cal mais fermosa.
Cando o vexo no podo evitar acordarme de toda a xente que está fora, votando de menos todo isto.

lunes, junio 19, 2006 2:09:00 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Bueno, para variar yo escribo en español del centro, vamos,de aquí, de Madriz...yo no soy gallego así que me es difícil hablar con tanto sentimiento de esa tierra como lo haceis vosotras, pero aún así sí que puedo decir que es una tierra que me encanta, y que tiene algo de mágico y de misterio...será por los bosques y las nieblas de mañana, o las procelosas aguas del Atlántico, o el contacto con la fuerza del mar en Costa da Morte...y por supuesto la gente, sois geniales...lo demás es sabido, tengo muchas ganas de volver a viajar por Galiza y disfrutar de todo lo que teneis alli.

El Madrileño errante

lunes, junio 19, 2006 9:59:00 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home