miércoles, mayo 17, 2006

Eu en ti
Tal día coma hoxe, un 17 de maio de 1863 publícabase "Cantares Gallegos" e cen anos despois escolleuse esta data para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sei que debería escoller un texto de Manuel Lugrís - o autor homenaxeado este ano- pero eu prefiro subir ao meu blog unha poesía que Celso Emilio lle adica a Galiza (unha das miñas favoritas):
Eu xa te busquei
Cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes
Eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
No comenzo dos mares e das chairas.
Cando Díos procuraba compañía
Eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
Cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silencio chamaba polas verbas,
Eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
Cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
Eu xa te namoraba.

Sempre, dende a neve dos tempos,
Eu na túa ialma.
Ps. un saudiño a tódolos galegos, aos que estades aquí e aos que estades lonxe, aos que nacestes aquí e aos que sodes galegos de adopción e por suposto aos que vos encanta a nosa cultura, as nosas paisaxes e a nosa gastronomía... Galiza é un sentimento non un territorio.

Etiquetas: