martes, noviembre 06, 2007

Onde a xente non é fea. É riquiña!!!

Sen dúbida, o anuncio de Gadis é o anuncio da tempada. Non vou entrar nas críticas de se é un plaxio doutro arxentino ou dun canadiense... Simplemente, quero constatar algo: o 'microsite' converteuse nunha das ligazón máis populares en Chuza!, a rede social de referencia en Galiza. Ademais, o anuncio, realizado por BAP&Conde, xa foi subido polo menos tres veces ao You Tube, onde o viron máis de dúas mil persoas. Está en todas partes, na tv, na prensa, en cines e mesmo nas pubs e discotecas...
¿cal é a clave do éxito?
O concepto do anuncio non é un concepto novo; en publicidade téndese a que cada vez máis que a vender un produto (neste caso serían os supermecados) a vender un estilo de vida ("vive como galego". Pero quizais o novidoso é esa mistura dun discurso épico- identitario, emulando aos grandes héroes "celtas": Breogán ou William Wallace, cun tono publicitario-festivo, todo iso aderezado coa retranca propia galega.

“Aquí… a por el quinto metro del día”
“Octopus to the party” (Pulpo á feira)
“Temos choiva, choiva, choiva… e choiva”

é SIMPLEMENTE XENIAL!!!

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Por si o queredes ver YouTube (galego)

Por si lo queréis ver YouTube (subtitulado en castellano)

y para fomentar el trilingüismo... :-P

If you want to watch it Youtube (with English subtitles)

miércoles, noviembre 07, 2007 12:44:00 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home